Xornada "Dimensión económica/social do salario. Novos sistemas retributivos"

    Categorías:

    O pasado venres 22 de setembro, tivo lugar no Hotel Attica 21 desta cidade, a Xornada sobre "A dimensión económica e social do salario. Os novos sistemas retributivos", organizada polo Consello Galego de Relacións  Laborais e este Colexio Profesional, á que asistiron numerosos profesionais.

    Sería a Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Dª Verónica Martínez Barbeiro, a encargada da inauguración da xornada, dando paso á Mesa redonda "A dimensión económica e social do salario. Os novos sistemas retributivos" a cargo da nosa Presidenta, Dª Susana Soneira Lema, e D. Javier Fernández Traveso, Inspector de Traballo e de Seguridade Social da Coruña.

    A Presidenta do Colexio, centrou a súa intervención en como foi evolucionando salario ata a actualidade  e os distintos tipos de retribucións existentes, destacando:

    • A retribución fixa ou por posto
    • A retribución fixa individualizada
    • A retribución variable
    • A retribución en especie

    Así mesmo, desenvolveu unha pequena disertación sobre as diferenzas entre o pago en especie e retribución extra salarial.

    Finalizadas ambas as intervencións, dáse paso a un breve coloquio, e posteriormente á seguinte Mesa redonda, denominada "A función do salario no Século XXI" e que correu a cargo das Organizacións Sindicais e Empresarial máis representativas de Galicia (UXT-Galicia, CIG, SN de CCOO de Galicia e CEG).

    Finalizouse a Xornada coa Conferencia: "A negociación salarial en tempos de post-crises", impartida por D. Adrián Todolí  Signes, Profesor axudante Doutor de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade das Illas Baleares. 

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=c7b65ce3a0cb484abf46b516b75e9ba9.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7271f9ec724a42c6ab69c1d66b5fb4b4.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d00d25e04dbe4e7ca62bf5b962bce156.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7f16c5450afd43849b02eee5d552e242.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=49d99322df9d44fd8153ec2c95380e78.JPG[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].