Xornada: Dereito á intimidade e protección de datos no ámbito laboral ( Our)

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado día 11 de abril, celebrouse na Facultade de Dereito de Ourense, a Xornada sobre o dereito á intimidade e protección de datos no ámbito laboral, organizada entre este Colexio Profesional, o Consello Galego de Relacións Laborais e a Facultade de Dereito de Ourense.

    Iníciase o acto coa presentación da Xornada por parte de Dª Verónica Martínez Barbeiro, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación e Dª Marta Fernández Prieto, Decana da Facultade de Dereito de Ourense.

    A primeira mesa redonda versou sobre "O ámbito da intimidade na prestación laboral: limites, condicións e casos prácticos" na que interviñeron Dª Ruth Cobo Rodríguez, Inspectora de Traballo e de Seguridade Social e Dª Yolanda Maneiro Vázquez, Profesora Contratada Doutora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Universidade de Santiago de Compostela.

    Proseguiuse a continuacion a mesa redonda titulada "A privacidade e o dereito de información no ámbito laboral" que desenvolveron representantes do SN de CCOOde Galicia, CIG, UXT-Galicia e CIG.

    Finalmente, e tras unha breve pausa Dª Nora Martínez Yáñez, Profesora contratada Doutora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo, impartiu a conferencia sobre "A protección d datos no ambito laboral: especial referencia ás novidades introducidas polo Regulamento Europeo 2016/679"

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d3dc2f8707324b8292bd76f2f1d5593b.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9db97526fbf44ab58b0224f65b79eed5.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=063b461eed4645f9a85f91cbc1e51d85.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=4540b9ebdf5c4e92ba5251ddb2ef1a41.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=2f0fb06f36d64a5a81168be27da87a17.JPG[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].