Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 13 de abril, celebrouse no Hotel Attica21, a Xornada sobre o dereito á intimidade e protección de datos no ámbito laboral, organizada entre este Colexio Profesional, o Consello Galego de Relacións Laborais e a Escola de Relacións Laborais da Coruña.
Iníciase o acto coa presentación da Xornada por parte de Dª Verónica Martínez Barbeiro, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación e D. Jesús Martínez Girón, Catedrático de Dereito de Traballo e Seguridade Social da Universidade da Coruña
A primeira mesa redonda versou sobre "O ámbito da intimidade na prestación laboral: limites, condicións e casos prácticos" na que interviñeron Dª Dalila Dopazo Branco, Maxistrada do Xulgado do Social nº 3 de Lugo e Dª Teresa Díaz López, Inspectora de Traballo e Seguridade Social da Coruña.
Proseguiuse a continuacion a mesa redonda titulada "A privacidade e o dereito de información no ámbito laboral" que desenvolveron representantes do SN de CCOOde Galicia, CIG, UXT-Galicia e CIG. Finalmente, e tras unha breve pausa Dª Asunción López Arranz, Profesora contratada Doutora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade da Coruña, impartiu a conferencia sobre "A protección d datos no ambito laboral: especial referencia ás novidades introducidas polo Regulamento Europeo 2016/679.
[slide]



[/slide]