Xornada Consello Galego en Ourense

    Categorías:

    O pasado venres 29 de setembro, tivo lugar na Facultade de Dereito de Ourense, a Xornada sobre "A dimensión económica e social do salario. Os novos sistemas retributivos", organizada en colaboración co Consello Galego de Relacións  Laborais.

    Presentaron o acto a Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Dª Verónica Martínez Barbero, D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º deste Colexio e Dª Marta Fernández Prieto, Decana da Facultade de Dereito de Ourense dando a benvida aos asistentes.

    Inícianse as conferencias, coa Mesa redonda "A dimensión económica e social do salario. Os novos sistemas retributivos" facendo especial referencia aos convenios das empresas multiservicios, a cargo de Dª Isabel Olmos Parés, Maxistrada do Social do Tribunal Superior de Juticia de Galicia e de Dª Genoveva García Bellón, Inspectora de Traballo e de Seguridade Social de Ourense.

    Finalizadas ambas as intervencións, dáse paso a un breve coloquio, e posteriormente á seguinte Mesa redonda, denominada "A función do salario no Século XXI" e que correu a cargo das Organizacións Sindicais e Empresarial máis representativas de Galicia (UXT-Galicia, CIG, SN de CCOO de Galicia e CEG).

    Xa para finalizar Dª Marisa Peña Cebreiro, dá paso a D. Daniel Pérez do Prado, Profesor Doutor na Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade Carlos III de Madrid, que pronunciou a conferencia: "A negociación salarial en tempos de post-crise"

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=1bd95f245f7c4cfd994d91021000637f.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=dae06d0e01b441a58f28bcf884799fc0.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=3f78229571734795ae1c921dee1c0052.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=5e782654a9974ef49736a9eeaf6a2a36.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=32496767971e41228aaf04ae2010852f.JPG[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].