Xornada "Craves con perspectiva de xénero para organización do tempo traballo"

    Categorías:

    O mércores 4 de outubro, tivo lugar no Hotel Attica 21 desta cidade, a Xornada sobre "Claves con perspectiva de xénero para a organización do tempo de traballo", organizada polo Consello Galego de Relacións  Laborais en colaboración co noso Colexio Profesional, á que asistiron numerosos profesionais, empregados de despachos e estudantes de Relacións Laborais.

    Presentaron o acto a Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Dª Verónica Martínez Barbeiro e a nosa Presidenta, Dª Susana Soneira Lema.

    Comezou a mañá, coa Mesa redonda "A xornada de traballo no emprego feminino: a contratación a tempor parcial. Xornada irregular", a cargo de Dª Sandra García Lombardía, Inspectora de traballo e da Seguridade Social da Coruña e de D. Marcos Vázquez Díaz, Responsable de RRHH Peixes Rubén.

    Finalizadas ambas as intervencións, dáse paso a un breve coloquio, e posteriormente á seguinte Mesa redonda, denominada "A perspectiva de xénero na Xornada de traballo no século XXI", a cargo das Organizacións Sindicais e Empresarial máis representativas de Galicia (UXT-Galicia, CIG, SN de CCOO de Galicia e CEG).

    Xa para finalizar Dª María Teresa Velasco Porteiro, Doutora en Dereito, Profesora Titular da Universidade Loiola de Andalucía, pronunciaría a conferencia sobre "Conciliación da vida laboral e familiar e xornadas de traballo".

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=44dd00155f164b04a9419752d957526f.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=c684c1669ca643baabc4cd94ea45d9cc.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ca92ab99a699489b9f79de079efb45db.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a045b7da00984e488d842414a34c2659.JPG[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].