Xornada "Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas"

    Categorías:

    Continuando co plan de formación aos colexiados e, conscientes do gran cambio que supón na nosa actividade diaria o proceso de adaptación á Administración Electrónica, este Colexio organizou durante a tarde do 09 de marzo, unha xornada sobre as modificacións introducidas pola Lei 39/2015, do 1 de Outubro, do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas. 

    A conferencia foi presentada por D. José Mª Santiago García, responsable da Escola de Práctica Laboral do Colexio, que tras unha breve introdución, cedeu a palabra a D. Jaime Pena Arias, membro do Corpo Técnico de Facenda na Administración da Coruña, que durante máis de dúas horas deu resposta ás cuestións expostas polos asistentes, tanto presenciais como aos que seguían a conferencia vía streaming.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=e0f3ea2ae23441d18d257ee2fbf0e0a1.JPG

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].