Categorías:
Etiquetas:
[slide]







[/slide]
O xoves e o venres, 3 e 4 de outubro celebráronse no Hotel Meliá Salinas de Lanzarote, as IX Xornadas laborais, que nesta ocasión foron baixo o título “O Dereito Social no século XXI”. Ao longo de ambos os días debateuse sobre os novos desafíos do dereito do traballo na era da revolución tecnolóxica e a persoa electrónica, cun enfoque crítico e propositivo #ante os cambios e mutacións que se están producindo na era da Europa mercantilizada, onde as fisuras do dereito social permiten a proliferación de novas formas de traballo que tenden á desvalorización do ser humano e o aumento da vulnerabilidade laboral.
As IX Xornadas laborais de Lanzarote foron coorganizadas pola Asociación Canaria de Iuslaboralistas e o Gobierno de Canarias, coa colaboración da Asociación Xuízas e Xuíces para a Democracia, o Cabildo de Lanzarote, o Concello de Teguise, o Ilustre Colexio de Avogados de Lanzarote, o Ilustre Colexio de Graduados Sociais de Lanzarote e outras entidades, e ás que asisitiu Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación que, en resposta á invitación, tamén participou nunha das mesas, ofrecendo así a súa visión dos temas para tratar.
Abordáronse tamén as novas formas de traballo, como as plataformas virtuais; as empresas multiservicios e a determinación do convenio aplicable; o teletraballo; os novos riscos laborais vinculados á transformación dixital (violencia neuronal, fatiga dixital ou ciberacoso) e tamén sobre a integración da persoa electrónica nos centros de traballo.
Contaron coa participación de maxistradas e maxistrados do Tribunal Supremo, como D. Fernando Salinas, D. Antonio Sempere, Dª Rosa María Virolés ou D. Jordi Agustí. Do ámbito académico estiveron presentes catedráticos e catedráticas como D. Cristóbal Molina, Dª Margarita Ramos ou Dª Amparo Ballester, así como a maxistrada da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias, Dª Mariña Mais, e o presidente da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias, D. Humberto Guadalupe