Categorías:
Etiquetas:

O pasado venres 20 de outubro tivo lugar unha reunión entre o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migración, José Luis Escrivá, o secretario de Estado para a Seguridade Social, Borja Suárez e o presidente deste Consello Xeral, Joaquín Merchán acompañado de José Luis Benito, membro da comisión técnica para a Seguridade Social.

Como consecuencia última desta reunión, no día de hoxe recibiuse no Consello Xeral de Graduados Sociais de España un proxecto de Real Decreto no cal se incluíu unha disposición transitoria pola que se amplía o prazo dado polo RD 504/22 para o enchemento das bases de datos dos traballadores autónomos, este prazo vese ampliado ata o 31 de marzo do 2024.
Esta ampliación é froito das reiteradas reivindicacións realizadas por todos os presidentes de Colexios ás direccións provinciais da Tesourería, así como as innumerables demandas realizadas polo presidente e a comisión técnica do Consello Xeral á dirección xeral da Tesourería.
Desde o Consello Xeral vai seguir traballando co Ministerio para defender os dereitos dos Graduados Sociais, para que, entre todos, podamos conseguir unha Administración máis próxima e compresiva cara aos nosos profesionais e polo tanto á cidadanía en xeral.