Categorías:
Etiquetas:
Como todos saberedes xa, e despois de varios meses de intenso traballo, o pasado día 21 de outubro celebrouse a inauguración da nova sede do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, que a partir da data estará operativa na rúa Monforte, nº 12 baixo desta cidade.
Neste acto tan significativo para o Colexio, a Presidenta, Dª Susana Soneira Lema, e o Secretario do Colexio, D. Manuel Vázquez Regueira, estiveron acompañados na tribuna polo alcalde da Coruña, D. Xulio Ferreiro Baamonde, e D. Germán Prieto-Puga Somoza, Secretario Xeral do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España, con cuxas intervencións se deu por inaugurada a nova Sede.
Acompañáronnos numerosas autoridades, entre as que cabe destacar ao Director Territorial da Inspeccion de Traballo, a Directora da Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Directora do Instituto Social da Mariña, as Maxistradas dos Xulgados do Social nº 3 e 5, así como o Decano da Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol e o Director da Fundación Escola de Relacións Laborais da Coruña.
Recibimos tamén aos Presidentes dos Colexios de Graduados Sociais de Lugo, Pontevedra, Málaga e Melilla, Valencia e As Palmas, que non quixeron perder a oportunidade de coñecer as nosas instalacións.
Así mesmo, contamos coa presenza de D. Angel Vázquez, Presidente de Honra desta Corporación e dos ex-presidentes D. Jesús Seoane e D. Isidro Pousada, asi como representantes de varias Mutuas e gran numero de colexiados, que destacaron a súa satisfacción pola nova localización así como pola estética do novo colexio.
[slide]
[/slide]