Inauguración da XXV Escola de Verán do Poder Xudicial

    Categorías: Etiquetas:

    O día 4 de xullo de 2023 tivo lugar o acto de presentación da XXV Escola de Verán do Poder Xudicial. En presenza de autoridades civís e militares entre as que se atopaban o Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Presidente da Deputación provincial da Coruña, Presidente do TSXG, o Fiscal Superior e Vocais, membros da Sala de Goberno do TSXG, Delegado do Goberno en Galicia, Alcaldesa de Bergondo, autoridades xudiciais, civís, académicas e militares e representantes de colexios profesionais da provincia. En representación do noso Colexio, asistiron José Lage Cerviño, Vicepresidente Segundo e Noelia Tomé Martínez, Interventora-Contadora da Institución.

    Tomou a palabra o Vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial e Director do Consello Reitor da Escola de Verán, Juan Manuel Fernández, que anunciou que “a judicialización da política ou a politización da Xustiza” centrarían a atención dos asistentes ás xornadas.

    O Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), p.s., o Vogal Rafael Mozo, reivindicou a necesidade de protexer a independencia xudicial, advertindo que a demora na súa renovación está a afectar “ao sistema xudicial no seu conxunto”. A situación é preocupante e grave, dixo, o que nos levou a que a temática do curso teña que estar cinguida a esta realidade para abordala con todo o rigor que esixe. Afirmou que o cumprimento da lei é a mellor maneira de conseguir unha sociedade pacífica, próspera e inclusiva e lembrou que o CGPJ naceu para fortalecer a independencia da Xustiza.

    Na parte final do acto pronunciaron os discursos de benvida aos participantes tanto o Presidente da Deputación como o Vicepresidente Primeiro da Xunta e Conselleiro da Presidencia, tras o cal se puxo punto e final ao acto.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d05b3ce3dd174f09b02510fae4166b69.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=60ab10536f8240dc82b11ef90643dea0.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].