Categorías:
Etiquetas:
Na tarde do pasado día 27 de febreiro, tivo lugar no Salón de Actos do Colexio, a inauguración da V Edición do curso de Práctica Xurídica de Actuación Profesional ante os Órganos Xudiciais e Tribunais de Xustiza da Orde Xurisdicional Social - Procedemento Laboral.
Para tal fin, contamos coa estimable presenza do Excmo. Sr. D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira, Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se dirixiu a todos os presentes para a apertura do Curso; estivo acompañado neste mester por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación que tambien dedicou unhas palabras a todos os asistentes.
Unha vez finalizado o acto inaugural, D. José Mª Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral, deu comezo ao relatorio, que, nesta ocasión impartiría D. Juan Rey Pita, Letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social nº 3 da Coruña, e que versou sobre "A execución procesual. Execucións de sentenzas de despedimento, ante organismos públicos e a poxa xudicial"
[slide]


[/slide]