In Memoriam

    Etiquetas:

     PRESIDENTE DE HONRA 

     

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=01b365421ae04d31b65f91219f3b47f4.jpg

    D. Angel Vázquez Rodríguez, naceu o 10 de Outubro de 1928 na localidade de Ribadeo, provincia de Lugo. 

    Cursou os seus estudos de Graduado Social na Escola Social da Universidade de Santiago de Compostela, obtendo a súa titulación o ano 1953. 

    Iniciou a súa actividade na extinguida Asociación Nacional de Graduados Sociais, na que causou alta o 23 de outubro de 1956 co núm. de socio 579, sendo un dos promotores da formación dos Colexios Profesionais de Graduados Sociais. 

    Colexiado desde o ano 1961, o Sr. Vázquez Rodríguez foi un constante traballador por e para a profesión de Graduado Social, á que sempre serviu, desde aqueles tempos practicamente iniciais nos que os Graduados Sociais eran descoñecidos, contribuíndo notablemente á difusión da nosa profesión, prestando sempre o seu esforzo sen regateos. 

    No ano 1965 incorpórase á Xunta de Goberno ocupando o cargo de Secretario Xeral ata o ano 1.974. Posteriormente ocupa o cargo de Presidente desde 1.975 ata 1979 e posteriormente desde 1.982 ata 1.990. No ano 1.995 foi nomeado Presidente de Honra desta Corporación, cargo que ocupou ata a actualidade. 

    Durante o seu longo mandato como Presidente foi o gran valedor para a consecución da primeira sede oficial do Colexio de Graduados Sociais de Galicia, hoxe da Coruña e Ourense. Iniciouse con el, un longo camiño de actualización e modernización, que marcou as pautas para seguir polos Presidentes que lle sucederon.

    O seu labor profesional veuna desenvolvendo tanto na esfera da Administración, como no apoio á pequena e mediana empresa, o que motivou o recoñecemento por parte do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais, no ano 1980,  coa concesión da Medalla de Ouro ao Mérito Profesional.

    D. Angel Vázquez distinguiuse sempre por ser un magnífico profesional e sobre todo persoa, que dedicou moitísimas horas da súa vida profesional a axudar aos novos compañeiros que solicitaban a súa axuda e que el, desinteresadamente sempre prestou.

    Se a súa traxectoria profesional foi amplamente premiada con diversos condecoracións, non menos importante foi a súa traxectoria humana, onde é apreciado polas súas moitísimos amigos e coñecidos, pola súa afabilidade, a súa cortesía, as súas boas maneiras, e sendo unha persoa da que un, se enorgullece de ter como amigo.

    Debemos destacar a gran proxección que deu á figura de GRADUADO SOCIAL, co seu despacho profesional,  por dispoñer dun gran prestixio dentro da comunidade autónoma, así como a súa dedicación a todos os compañeiros, e en especial, o apoio e experiencia que supuxo para todos os colexiados que iniciaban a profesión.

     D. Angel, os teus valores e ensinos pervivirán na memoria dos graduados sociais 

     

    D.E.P.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].