Categorías:
[slide]

[/slide]
Un ano máis a Escola de Práctica Laboral, inaugurou o día 29 de outubro, a III Edición do Curso de Práctica Xurídica de Actuación Profesional ante os órganos xudiciais e Tribunais de Xustiza da Orde Xurisdicional Social (PROCEDEMENTO LABORAL).
O acto estivo presentado por D. José Mª Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral do Colexio, que despois da súa presentación, deu paso a D. José Carlos Bouza Fernández, Avogado e Diplomado en RRLL en Exercicio, que durante tres horas desenvolveu o seguinte programa:
- Breve resumo sobre o inicio dos Graduados Sociais na Xustiza Laboral, a colegiación, os requisitos para o exercicio profesional, o réxime de responsabilidade dos Graduados Sociais.
- Lexislación recomendada que debemos ter sempre a man. Instrucións de presentación de demandas e escritos nos Xulgados do Social.
- Capacidade procesual. Representación e defensa procesuais. Supostos prácticos.
- Competencia territorial dos Xulgados.
O martes 3 de novembro, contaremos coa intervención do Ilmo. Sr. D. Carlos Villarino Moure, Maxistrado do Xulgado do Social núm. 3 da Coruña e Xuíz Decano da Coruña.