II Seminario Hispano-Portugués de Dereito da Seguridade Social

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado día 30 de setembro, celebrouse no Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, o “II Seminario Hispano-Portugués de Dereito da Seguridade Social”, ao que asistiu en representación desta Corporación, a súa presidenta, Dª Susana Soneira Lema.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=b6773dd3f9ca4394ac5b06403e65687d.jpg

    Os directores do Seminario foron D. Jesús Martínez Girón e D. Alberto Arufe Varela, ambos os Catedráticos de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade da Coruña.

    O acto foi inaugurado polo D. José Antonio Seoane Rodríguez, Decano da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña e tras a celebración dos distintos relatorios, foi clausurado por D. Jesús Vázquez Forno, Decano da Facultade de Relacións Laborais, centro adscrito da Universidade da Coruña.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].