Nota de prensa: I Xornada Laboralista da Coruña e Ourense

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado día 28 de setembro, celebráronse no Hotel Finisterre, as I Xornadas Laboralistas organizadas polo Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e o Consello Xeral de Graduados Sociais de España a través da Fundación Xustiza Social.

    O acto foi inaugurado pola Alcaldesa do Concello dá Coruña, Dª Inés Rey García; a presidenta do Colexio, Dª Susana Soneira Lema, o Presidente do TSJG, D. Jose María Gómez e Díaz-Castroverde, o Director Xeral de Xustiza da Conselleria de Presidencia, Xustiza e Deportes da xunta de Galicia en representación do Presidente da Xunta, D. José Tronchoni Albert, a Directora Xeral de Relaciónes Laborais da Consellería de Promoción de Empleoo Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Elena Mancha Montero de Espinosa (en representación da Conselleira) e o Reitor da Universidade da Coruña, D. Julio E. Abalde Alonso, que deron a benvida aos numerosos asistentes ás mesmas.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=27dc2b50a43e4c84a576c60bc4e44a61.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=b014c5c95f7f4febb0f0c3300bc7e54b.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=b160d98b4edb45a6aec5bfa97a9157b2.jpg[/slide]

    A primeira xornada versou sobre "O teletraballo nas Relacións Laborais" impartida por Dª Emilia Casas Baamonde, Presidenta Emérita do Tribunal Constitucional e moderada pola Directora Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=4a29aa61304d44a785cdf202b13eab19.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=1c6266b07ba644178747494b62cd8f45.JPG[/slide]

    A continuación comeza o relatorio sobre "A Reforma Laboral. Cuestións controvertidas", impartida por Dª Verónica Martínez Barbeiro, Ex Directora Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Economía Social e D. Luís Fernando de Castro Mejuto, Presidente da Sala do social do TSJ de Galicia, e na que actuou como moderados D. Miguel Angel Cadenas Sobreira, Expresidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ecfb0903a12c47019de08cd346abbc87.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f0eb379d2cf04b2daeea9dcb99869726.JPG[/slide] 

    Xa para finalizar falouse sobre "O accidente de traballo e responsabilidade por danos" na que interviñeron D. Demetrio Angel Fernández López, Director Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, D. Luís Anguita Xoga, Fiscal Delegado Autonómico de Seguridade e Saúde no Traballo e D. David Pena Díaz, Avogado da Fundación Bidelagun para a promoción da Saúde Laboral, e que foi moderada por Dª Antía Sández Callejo, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais. 

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=18b6b7197dd848f6b77f2992b0fde8b8.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d64b3434bdac436a987277c0a6485d3e.JPG[/slide]

    Xa para rematar, para a clausura deste acto, contamos coa presenza de D. Ricardo Gabaldón, presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España e D. Guillermo Hermida Grandío, Vocal Ejerciente da Xunta de Goberno do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e Responsable da Escola de Práctica Laboral e Coordinador das I Xornadas Laboralistas, que acompañaron a Dª Susana Soneira Lema, presidenta do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e vicepresidenta 2º do Consello Xeral de Graduados Sociais de España.

    Finalmente agradecer a todos os asistentes, colexiados, alumnos, autoridades e entidades colaboradoras a súa participación nos actos.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9db00ad5c3754c669d4b1e81945558e6.JPG

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].