Etiquetas:
A Coruña, 7 de noviembre de 2025 – El Colegio Oficial de Graduados Sociales de A Coruña y Ourense celebró su tradicional Cena Anual de Confraternidad en el Pazo de Vilaboa, en Culleredo. Este año, la velada tuvo un significado especial al coincidir con el Centenario de la Profesión, reuniendo a autoridades, colegiados y acompañantes en un encuentro marcado por el reconocimiento al esfuerzo y la dedicación de quienes contribuyen diariamente al ámbito social y laboral.
[slide]

[/slide]
Acto Institucional: homenaxes e recoñecementos
A cerimonia estivo presidida por José Lage Cerviño, presidente do Colexio, acompañado de Isidro Pousada Vales, presidente de Honra, na entrega de diversos recoñecementos:
• Novos colexiados: Insignias profesionais para Rut Alfonsín Crujeiras e Victoria Melissa Toledo Luna.
• 25 anos de colexiación: Distinción a cinco profesionais, entre eles Mª Graciela Blanco González, José Alejandro Bralo Montero, David Doldán Palacios, José Francisco Fernández Ayaso e José Miguel Sueiras Pardo, quen recibiu unha figura institucional en recoñecemento á súa traxectoria.
• Recoñecemento á Xunta de Goberno: Rendeuse homenaxe aos exmiembros da Xunta de Goberno en recoñecemento ao seu compromiso e dedicación. O acto contou coa participación de Marcos Óscar Martínez Álvarez, vicepresidente segundo do Consello Xeral, quen fixo entrega das distincións. Entre os homenaxeados atopábanse Luis Bermúdez Riobóo, Miguel Ángel Domínguez Losada, Angélica Dopico Coroa, Rosa Gómez González, Guillermo Hermida Grandío, M.ª Branca Lesta Castelo, José Noya Rodríguez, Isidro Pousada Vales, Germán Prieto-Puga Somoza, Constante Rey Pedrouzo, Isaac Rodríguez Sánchez, Olga Ruiz Rodríguez e Cándido Sanisidro López.
• Recoñecemento especial: Outorgouse un recoñecemento especial a Celestino Vieites Sánchez, actual secretario da nosa corporación, polos seus 45 anos de dedicación e servizo profesional ao Colexio.
O acto concluíu coa intervención de Marcos Óscar Martínez Álvarez, seguida do discurso de agradecemento do noso presidente, quen destacou o compromiso e a traxectoria de todos os homenaxeados.

Cea, música e entretemento
Tras a cerimonia, a velada continuou nun ambiente distendido. Os asistentes gozaron dun sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras e dun concerto de música en vivo presentado por Juan Antonio Cuellar Sáenz, xerente do Consorcio para a Promoción da Música, coa actuación dun cuarteto de corda da Orquestra Sinfónica de Galicia. A noite culminou cun baile animado por un DJ, pechando unha xornada que combinou homenaxe, confraternidade e diversión.
[slide]
[/slide]