Homenaxe a D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira, con motivo da súa xubilación

    Categorías: Etiquetas:

    Con motivo da súa xubilación, o pasado venres 5 de abril, e tras 45 anos de carreira xudicial, celebrouse no Hotel  NH Collection A Coruña Finisterre, unha comida-homenaxe a D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira, Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

    O homenaxeado estivo acompañado de case 200 persoas, entre familiares, autoridades políticas e xudiciais, entre as que se atopaban o Delegado do Goberno, D. Javier Losada; o Vicepresidente @de la Xunta, D. Alfonso Rueda; o Presidente do Parlamento Galego, D. Miguel Santalices, o Fiscal Superior de Galicia, D. Fernando  Suanzes e o Alcalde da Coruña, D. Xulio Ferreiro. Tamén estiveron representados o Consello Xeral do Poder Xudicial, coa presenza dos Vogais Galegos D. Juan Manuel Fernández e D. José Antonio  Ballestero, as Audiencias Provinciais, os Letrados da Administración de Xustiza e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, entre outros.

    Dª Susana Soneria Lema, Presidenta desta Corporación, tivo a honra de facer entrega dun obsequio conmemorativo, doado polos tres Colexios Oficiais de Graduados Sociais de Galicia, deixando así constancia das boas relacións que sempre mantivo este colectivo co Sr. Cadenas, que se caracterizou pola súa proximidade, e co que puidemos contar en multitude de ocasións, ao longo da súa traxectoria profesional. 

    En representación do Colexio, e acompañando á nosa Presidenta, tamén asistiron, D. José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente 2º e Vicesecretario, e D. Miguel Ángel Domínguez Losada, Vogal Non Exercente da Xunta de Goberno.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=bb6b875d62984daeba4d9eb8fcfaf1d0.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=e6784b4c491f4378aacbc72947119d7b.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].