Categorías:
Etiquetas:
O día 24 de xaneiro de 2020, e tras un longo período de actividade ao servizo da Administración de Xustiza, celebrouse no Hotel NH Collection Finisterre da Coruña, unha comida-homenaxe con motivo da súa xubilación, a D. Juan Rey Pita, Letrado da Administración de Xustiza do Xulgado Social nº3 da Coruña.
O homenaxeado estivo acompañado por unha multitude de persoas, entre familiares, compañeiros das diferentes administracións e representantes de diversas institucións.
En representación deste Colexio Profesional, asistiu a Presidenta Dª Susana Soneira Lema, para deixar constancia das boas relacións que sempre mantivo este colectivo co Sr. Rey Pita, que se caracterizou pola súa proximidade, e co que puidemos contar en multitude de ocasións ao longo da súa traxectoria profesional.
Acompañando á nosa Presidenta, tamén asistiu D. Miguel Ángel Domínguez Losada, Vogal Non Exercente da Xunta de Goberno.
[slide]


[/slide]