Gran interese na xornada sobre audiencia previa en despedimentos disciplinarios

    Categorías:

    O martes 25 de marzo, o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense celebrou unha xornada sobre a audiencia previa no despedimento disciplinario, impartida por Ricardo López Mosteiro, doutor en Dereito, profesor titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na UDC e avogado.

    Más dun centenar de colexiados participaron neste evento, desenvolto en formato híbrido. A sesión foi inaugurada por José María Santiago García, coordinador da Comisión de Formación do Colexio, quen destacou a importancia da actualización constante no ámbito xurídico-laboral, reflectida no recente cambio de criterio xurisprudencial sobre o tema abordado.

    Segundo explicou López Mosteiro, “ata o de agora, considerábase suficiente a conciliación previa no SMAC e a audiencia no xuízo. Con todo, unha sentenza do TS do 18 de novembro deixa claro que antes de entregar a carta de despedimento é obrigatorio escoitar ao traballador”. Advertiu, ademais, que “os despedimentos disciplinarios posteriores a esa data serán improcedentes se non se cumpre este paso” e que é probable que a regulación chegue a través dos convenios colectivos.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=0fa6c78f1d62434ca12c17284ced15dc.JPG

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].