Gran acollida na 1ª xornada sobre bases de IT organizada con FREMAP

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do 8 de maio de 2025, celebramos a primeira das dúas xornadas formativas en liña organizadas para abordar o cálculo correcto das bases reguladoras da incapacidade temporal, con especial atención aos recentes cambios normativos.

    O evento foi inaugurado por José María Santiago García, coordinador de formación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense. En representación da mutua FREMAP participaron Carlos Llanos Santos, director rexional en Galicia, e Belén Estévez Costas, directora na Coruña, quen ademais desempeñou o papel de moderadora da sesión.

    Gorka Burzaco Mota e Noemí López Llavería, xestores e formadores en FREMAP, foron os encargados do relatorio, ofrecendo unha exposición práctica sobre os erros máis comúns no cálculo de bases, especialmente en contratos a tempo parcial, cambios de xornada e conceptos salariais non periódicos. A xornada foi un éxito, reunindo a numerosos profesionais do ámbito laboral e da seguridade social de toda España, interesados en actualizar os seus coñecementos.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=589fa0a0c9e2499a81f75e1a9fdd10e9.png

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].