Firmas de convenios con Bilky e Conversia

    Etiquetas:

    EO 27 de setembro, asináronse na sede do Colexio, dous novos convenios de colaboración  con Bilky  Europe SL e con Conversia HFL Group

    A colaboración con Bilky Europe SL, permitirá aos colexiados beneficiarse de numerosas vantaxes nos servizos de envío seguro, legal e sinxelo de nóminas e documentos entre asesores, empresas e empregados baixo o cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos. Unha prestación deseñada para que os asesores teñan o seu propio portal desde o que dar asistencia a todas as súas empresas e empregados. 

    Asinan o convenio, a nosa Presidenta, Dª Susana Soneira Lema e  en representación de Bilky, D. Ignacio Hernández Sellart, Administrador Único de Bilky Europe SL.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=e675caa901694bb4a255020e33c7c2ae.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=394bd79dd4824289b886e94f02add4e1.JPG[/slide]

    En canto ao acordo de colaboración con Conversia HFL Group, os nosos colexiados beneficiaranse dos servizos de consultoría e asesoría, en temas relacionados coa Lei de Protección de Datos, Servizos da Sociedade da Información e Comercio electrónico ou Prevención de Branqueo de Capitais e Financiamento do Terrorismo. A compañía ademais ofrecerá ao Colexio unha xornada formativa sobre o novo Regulamento de Protección de Datos 2016/679 e remitirá aos colexiados un boletín periódico con contido relacionado con diferentes aspectos do ámbito normativo.

    Asina o convenio, D. César Muñiz Fabal, Xerente de Convenios de Conversia HFL Group e a nosa Presidenta, Dª Susana Soneira Lema, que en ambas as firmas, estivo acompañada por varios membros da Xunta de Goberno:

    • D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º do Colexio.
    • D. Manuel Vázquez Regueira, Secretario Xeral do Colexio
    • D. Jesús Vázquez Conde, Vicesecretario Xeral do Colexio.
    • D. Cándido Sanisidro López, Vocal Ejerciente do Colexio.

    Os textos íntegros dos convenios, pódense consultar no apartado de Acordos e Convenios da web.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6dac1a2b26ae482383845e85abc095cc.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=4cd6d9d149964526b0e7c4c8f5258d1c.JPG[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].