Firma de convenio de colaboración con Labore Despachos & Coworking, S. L.

    Etiquetas:

    Esa mesma mañá do 20 de setembro, tivo lugar a firma do convenio de colaboración coa entidade Labore Despachos & Coworking, S. L.

    A colaboración con esta empresa dedicada aos espazos de coworking e despachos, que ofrecerá aos colexiados interesados, vantaxes relacionadas cos diferentes espazos de traballo que oferta a entidade.

    Asinan o convenio, D. Francisco Rodríguez Salquero, Xerente de Labore Despachos & Coworking, S. L. e a Presidenta deste Colexio Profesional, Dª Susana Soneira Lema, contando ademais coa presenza de D. José Ramón Lage Cerviño, Coordinador da Comisión de Relacións Públicas da Xunta de Goberno.

    Os colexiados que desexen consultar as condicións do convenio, poden facelo no apartado de Acordos e Convenios da nosa páxina web.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=5fa561f3059c45d0bdfa92f2aebbb958.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=81e10ca1acf741989ba67e538d40c57a.JPG[/slide]

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.