Firma Convenios colaboración (Abanca y Termaria)

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do día 24 de maio, asináronse nas instalacións colexiais, dous novos convenios de colaboración  con Abanca  e Termaria- Casa da auga. 

    A colaboración con Abanca consta de dúas ofertas especiais segundo o interese de cada un dos Colexiados; unha oferta para cubrir as necesidades profesionais dos despachos e outra para satisfacer as necesidades persoais e familiares de cada un dos nosos Graduados Sociais colexiados.

    Asinan o convenio, a nosa Presidenta, Dª Susana Soneira Lema e  en representación de Abanca, D. Anxo Martínez Moar, Director de Zona de Abanca Corporación Bancaria S.A.

    En canto ao acordo de colaboración con Termaria-Casa da auga, os nosos colexiados beneficiaranse de interesantes descontos nos numerosos servizos que ofrece este centro único de Talasoterapia de Galicia (entrada ao centro, masaxes, terapias de saúde, tratamentos de beleza e benestar, fisioterapia, etc.), onde contan cos últimos adiantos tecnolóxicos do sector.

    Asina o convenio, D. Claudio Orjales Lamas, Director Xerente de Espazos Termolúdicos,S.A. e a nosa presidenta, Dª Susana Soneira Lema.

    Os textos íntegros dos convenios, pódense consultar no apartado de Acordos e Convenios da web.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ce8d9ed96ef7472fa06a3aaef1b73df4.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7944ed0812e54942be20b083c58e214f.JPG[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].