Firma Convenio de Colaboración con TAG Formación

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do 23 de xuño, asinouse un acordo de colaboración entre TAG Formación e esta Corporación. Acordo, que permitirá aos colexiados gozar dunha ampla oferta de produtos e servizos asociados á formación, xunto co asesoramento necesario para o mellor aproveitamento desta no exercicio do seu labor profesional.

    A firma tivo lugar no Salón de Actos do Colexio, contando coa presenza de Rolando de Jesús Rodríguez López, , Director-Xerente de TAG Formación;  José Manuel Rodríguez López, Adxunto a Dirección de TAG Formación e Susana Soneira Lema, Presidenta deste Colexio Profesional.

    Os colexiados que desexen consultar as condicións do convenio, poden facelo no apartado de Acordos e Convenios da nosa páxina web.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ccc08410390147e095e0243aa5e2feee.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=0db41842a490467da8f902b461eed6b2.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6ebe9587f1f144ca8de79ab9459efdda.JPG[/slide]

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.