Categorías:
Etiquetas:
Este Colexio Profesional xunto coa Consellería de Emprego e Igualdade, e os Colexios de Graduados Socialesde Lugo e Pontevedra, poñerán en marcha un servizo de orientación xurídica-laboral que de maneira gratuíta prestará asesoramento á cidadanía no campo das relacións laborais.
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada de Elena Mancha, Directora Xeral de Relacións Laborais, e os presidentes dos tres colexios, Susana Soneira desta corporación, Manuel Núñez de Lugo e Remedios Copa, vicepresidenta do de Pontevedra, asinaron onte un convenio de colaboración para levar a cabo esta iniciativa, que se desenvolverá nas sedes dos tres colexios e coa que se pretende achegar información e mellorar a orientación e o asesoramento aos cidadáns galegos en materia laboral.
[slide]

[/slide]
A oficina atenderá consultas relacionadas con diferentes temáticas como son, por exemplo, as prestacións contributivas e non contributivas, conflitos ou dúbidas no marco das relacións laborais. Ademais, esta orientación estenderase a outros aspectos vinculados á iguladade na contorna de traballo: á non discriminación por razón de ningún tipo e á identificación e denuncia do acoso sexual, entre outros.
En palabras da conselleira, trátase de “promover unha realidade social e empresarial máis xusta e garante de dereitos e oportunidades”. Lorenzana destacou que esta iniciativa supón “un paso máis na moi necesaria visión integral das relacións laborais” e un exemplo máis do traballo conxunto que a Xunta está a realizar cos colexios oficiais de graduados sociais para articular accións que melloren as condicións laborais do comprado de traballo de Galicia. Neste sentido, puxo como exemplo o labor conxunto realizado no desenvolvemento dos plans de rescate para traballadores autónomos e microempresas ou o apoio prestado na tramitación dos Expedientes de Regulamento de Emprego ( Ertes).
“O traballo conxunto e cooperativo entre traballadores, empresarios, profesionais e administracións resulta imprescindible para alcanzar unha cultura que goze dun maior benestar organizacional e social”, finalizou.