Categorías:
Etiquetas:
Na mañá do día 3 de outubro, asinouse un acordo de colaboración entre Fraternidade Muprespa e esta Corporación. Este acordo, que permitirá aos colexiados gozar dunha ampla oferta de produtos e servizos asociados á formación.
A firma tivo lugar nas instalacións da Fraternidade, contando coa presenza de Natalia Fernández Laviada, Subdirectora Xeral de Prevención, Calidade e Comunicación, Alejandro Lamela, Director Provincial e Bel Fernández Otero, Asesora técnica colaboradores e empresas, xunto con Susana Soneira Lema, Presidenta deste Colexio Profesional.
Os colexiados que desexen consultar as condicións do convenio, poden facelo, en breve, no apartado de Acordos e Convenios da nosa páxina web.
[slide]
[/slide]