Éxito da xornada anual sobre a Declaración da Renda

    Categorías:

    Os días 21 e 23 de abril celebráronse as xornadas formativas sobre a “Declaración da Renda”, en formato híbrido (presencial na sede do Colexio e en liña en directo), consolidándose como unha cita de referencia para a actualización en materia fiscal.

    A actividade foi inaugurada e clausurada por Celestino Vieites Sánchez, secretario do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, e volveu contado, como en edicións anteriores, coa intervención de Mª Remedios Vázquez Gil, graduada social colexiada e xestora na Sección de Renda da Unidade de Comprobación e Liquidación da AEAT en Santiago de Compostela.

    Durante máis de oito horas de formación, repartidas en dúas sesións, preto dun centenar de profesionais do ámbito xurídico e fiscal analizaron en profundidade as principais novidades do IRPF 2025. A xornada permitiu combinar o enfoque teórico co práctico, revisando criterios interpretativos, doutrina e xurisprudencia recente, así como ferramentas de aplicación no exercicio profesional.

    A xornada tivo tamén repercusión en medios dixitais, como [21Noticias], que se fixo eco da actividade.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=781a2031c1d64741a817a52cc87d8f90.png

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].