Entrevista en Radio Economía Coruña

    Categorías: Etiquetas:
    O día 1 de maio e con motivo da conmemoración do Día do Traballador, a Presidenta do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Dª Susana Soneira Lema, participou nun faladoiro radiofónico, dentro do programa Distrito 15, de Radio Inter Coruña, que virou ao redor da situacion actual do emprego, a influencia da Reforma Laboral e a crise na temporalidade dos contratos, asi como as posibles medidas de protección aos traballadores. 
     
    Estivo acompañada por D. Iván Biscaíño Ramos, Secretario Académico e Profesor na Fundación E.U. de Relacións Laborais da Coruña, D. Benito Couceiro Naveira e D. Felipe Carlos Martínez Ramonde, profesores da ERLAC. Asistiu tambien como interlocutor, D. Alberto Arufe Varela, Profesor de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Facultade de Dereito da Coruña.
     
    Durante o faladoiro, Dª Susana Soneira fixo especial fincapé na situacion laboral na que nos vemos inmersos pola crise que vimos padecendo desde hai anos e que afecta en igual medida aos autónomos e pemes.
     
    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].