Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 28 de abril, a Facultade de Relacións Laborais da USC conmemorou a festividade do Día do Traballo cun acto institucional presidido pola decana Silvia Moscoso, e que contou tamén coa presenza da presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Antía Sández Callejo e da presidenta desta Corporación, Susana Soneira Lema, ademáis do presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España, Ricardo Gabaldón, que interviu co relatorio “O futuro das relacións laborais con respecto ás saídas profesionais'.
No marco deste acto, fixéronxe entrega de diferentes galardóns:
A segunda edición do ‘Premio profesor Joaquín Vidal Portabales’ aos dous mellores traballos fin de grao do curso 2021-22 recaeu en Andrea Díaz Villares por ‘A protección no traballo ás persoas que informen sobre infraccións de Dereito da Unión Europea’ (1º premio) e María Pérez Riobó por ‘Xénero e institución total. O traballo da muller en prisión’ (2º premio).
A tamén segunda edición do galardón ‘Elizabeth Suárez Pereiro’ ao mellor expediente do curso 2021-22 serviu para distinguir a Andrea Díaz Villares; mentres que a décima convocatoria do ‘Premio Javier Marañón’ ao alumno/a que mellor represente os valores sociais e académicos da Facultade e a profesión, outorgado polo Colexio de Graduados Sociais de A Coruña e Ourense, recoñeceu a Christian García Fernández.
[slide]



[/slide]