Etiquetas:
Como xa é habitual desde hai anos, nestas datas, celébrase na sede do Colexio, a entrega do premio ao gañador do X Certame de Debuxo Do Nadal. Nesta ocasion, a afortunada foi a nena de 9 anos, Susana Varela Calvo que realizou o debuxo que felicitará o nadal aos integrantes do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.
No acto estiveron tambien o resto de nenos participantes, que recibiron de mans da Presidenta do Colexio, Susana Soneira Lema, un detalle polas súas achegas. Contamos tambien coa presenza de D. Manuel Vázquez Regueira, Secretario do Colexio, D. José Ramon Lage Cerviño, Vicesecretario, e D. Miguel Angel Domínguez Losada, Vogal non Ejerciente da Xunta de Goberno.
[slide]
[/slide]