Entrega Premio mellor expediente académico Facultade de Ferrol

    Etiquetas:

    O día 9 de decembro, de acordo co Convenio de Colaboración asinado entre esta Corporación e a Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol, fíxose entrega do premio ao mellor expediente académico.

    O galardón recaeu na alumna Lorena Santiago Rodríguez e consiste en facilitarlle a colexiación en calidade de No Exercente, con exención do pagamento da cota de incorporación, así como das cotas mensuais durante o período dun ano.

    O acto estivo presidido polo Decano da Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol, D. Moisés Alberto García Núñez, e por Dª. Susana Soneira Lema, Presidenta deste Colexio, que con este motivo fixo unha breve disertación sobre as saídas profesionais dos Graduados Sociais e as vantaxes da colexiación.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].