Entrega Medallas Emilia Pardo Bazán 2019

    Categorías: Etiquetas:

    A antiga Fábrica de Tabacos foi escenario onte da entrega das medallas Emilia Pardo Bazán, un galardón impulsado polo Goberno galego co fin de recoñecer a persoas e colectivos que traballan pola igualdade.

     

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9379589bc16849d6bd3469b076f5e6c9.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=075ff84e2d374f808d0125edc9d5df41.jpg[/slide]

     

    O acto, ao que asistiu a presidenta desta Corporación, Susana Soneira Lema, estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e contou coa presenza da alcaldesa, Inés Rey, ou o presidente da Audiencia coruñesa, Anxo Picatoste, entre outras autoridades.

    Os tres coincidiron en reafirmar o compromiso contra a violencia de xénero, e Feijoo anunciou ademais que a próxima convocatoria de axudas para vítimas da violencia de xénero será a máis elevada desde a súa creación.

    As medallas foron concedidas á presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, María Ángeles Carmona, a Cooperativas Lácteas Unidas ( CLUN), e a Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama ( Adicam)

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.