Categorías:
Etiquetas:
Durante a tarde do 26 de decembro, e como é tradición nestas datas, o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense celebrou na súa sede a entrega do premio do Concurso de Debuxo Do Nadal, que este ano alcanza a súa décimoterceira edición.
A gañadora deste ano foi Martina Caamaño Silva, unha nena de tan só 2 anos, cuxo debuxo se converteu na felicitación do Nadal oficial do Colexio. Martina levou o premio principal nun acto que destacou polo seu ambiente familiar e festivo.

Ademais, recoñeceuse o esforzo e a creatividade de todos os nenos participantes, quen recibiu un obsequio entregado persoalmente polo Presidente do Colexio, José Lage Cerviño. O acto contou tamén coa presenza de David Doldán Palacios, Vicepresidente 1º; Noelia Tomé Martínez, Vicepresidenta 2ª e Celestino Vieites Sánchez, Secretario desta corporación.
Este concurso, que xa se consolidou como unha entrañable tradición anual, segue sendo un punto de encontro para fomentar a imaxinación infantil e reforzar os lazos da comunidade do Colexio en torno ao espírito do Nadal.
O evento non pasou desapercibido, xa que medios como [El Ideal Gallego], [La Opinión] e [21Noticias] fixéronse eco desta cita tan especial.
[slide]

[/slide]