Categorías:
Etiquetas:
[slide]

[/slide]
O día 14 de xuño celebrouse no Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela, o Acto de Graduación dos estudantes de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, da Facultade de Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela.
Despois das correspondentes intervencións dos estudantes, profesores e padriños da profesión, toma a palabra a Presidenta do Colexio, Dª. Susana Soneira Lema, que tras unha breve disertación, fai entrega o premio Javier Marañón, á alumna Dª. Carmen Souto Villa, en atención aos seus méritos académicos e humanos.
Coa intervención do Decano da Facultade, D. Juan José Ares Fernández, e a entrega de bandas e diplomas, dáse por finalizado o acto coas palabras de despedida do Reitor da Universidade.