Categorías:
Etiquetas:
O 25 de abril, a Facultade de Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela conmemorou o Día do Traballo cun acto institucional presidido polo reitor, Antonio López Díaz, e o decano do centro, Jesús F. Salgado Velo.
Durante a cerimonia, entregáronse diversos premios que recoñecen a excelencia académica e os valores profesionais do alumnado e profesorado do centro. Un dos galardóns máis destacados foi o "Premio Profesor Javier Marañón", que distingue ao estudante que mellor exemplifica os valores sociais e académicos da Facultade e da profesión. Este premio foi outorgado a Javier Carballo de Jesús, quen recibiu o recoñecemento de mans dos representantes do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, José Lage Cerviño, presidente, e David Doldán Palacios, vicepresidente primeiro.
Así mesmo, entregouse o "Premio Elizabeth Suárez" ao mellor expediente académico do curso 2023/24, que recaeu en María Otero Canabal. Tamén, entregáronse os Premios Profesor Joaquín Vidal Portabales aos mellores Traballos Fin de Grao, e recoñeceuse a dedicación docente e investigadora do profesorado coa II Edición dos Premios á Excelencia Académica.
A xornada concluíu cunha conferencia de Francisco Pérez de los Cobos Orihuel, expresidente do Tribunal Constitucional, titulada "O recurso de amparo: luces e sombras", e un ágape para os asistentes.
A repercusión do evento transcendeu o ámbito universitario e tivo eco en medios de comunicación como Faro de Vigo, que destacou a entrega do Premio Profesor Javier Marañón por parte da nosa Corporación [VER NOTICIA]
[slide]



[/slide]