Entrega de Premios do VI Concurso de Debuxo Infantil

    Categorías: Etiquetas:

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d886e9ab5c374fb2bab4b7ebd7fe7761.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7d91dc57e9e043c3b34b9c1c52d435fb.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=e95982527d8a48d580b3aef1649a1a7b.jpg[/slide]

    O Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense este ano felicita o nadal a todos os seus colexiados, empresas e administracións públicas, co debuxo dunha nena de 8 anos, gañadora da VI Edición do Concurso de Debuxo Infantil que organiza anualmente a entidade. Como cada ano, os Graduados Sociais apostan pola creatividade e o talento infantil para felicitar as festas.

    Nesta ocasión a vencedora do certame, dirixido a fillos e netos de colexiados con menos dez anos, foi Aldara Varela Calvo, que ademais foi galardoada durante a entrega de premios celebrada na tarde do día 22 de decembro, na sede do Colexio Oficial. O resto dos participantes tamén foron agasallados con diferentes obsequios destinados a potenciar e desenvolver a súa expresión plástica e artística.

    Por outro lado, foron os propios colexiados os que exerceron de xurado. A Presidenta do Colexio, Dª. Susana Soneira Lema, foi a encargada de entregar os premios.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].