Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 3 de setembro, Jose Manuel Requeira Vázquez, Interventor-Contador desta Corporación, asistiu á Xornada sobre Sostibilidade Empresarial de Galicia que se celebrou no Hotel Palacio do Carmen de Santiago de Compostela.
Estes premios créanse co obxectivo de recoñecer as boas prácticas implantadas nas empresas en material laboral, social e ambiental, e ao fomento da conciliación e corresponsabilidade.
A empresa Congalsa, foi a galardoada na categoría de gran empresa; os outros galardoados desta edición foron o Club Celta de Vigo, premiado na categoría de mediana empresa, e a firma de Carral Aplicacións de Bombeo Industrial, distinguida pola súa aposta pola conciliación.
[slide][/slide]
Iníciase o acto coa benvida do Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernandez López; continua o acto coa conferencia impartida por Senén Paramo, Socio de Valora que disertou sobre “A sostibilidade empresarial e competitividade na nova economía". Posteriormente ábrese unha mesa de debate sobre a nova oportunidade competitiva para as empresas galegas, na que interviñeron Cristina Fernández- Armesto, Socia de Casa Grande de Xanceda, Josefina Fernández Álvarez, Directora de Sostibilidade & ASG de Altia e Andrés Guerra Sierra, Xefe do departamento de Sostibilidade da Autoridade Portuaria da Coruña; actuou como moderador Daniel Domínguez, Director global de Gobernanza e Reporting de Valora.
O evento foi clausurado polo Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración.