Etiquetas:
O día 28 de xaneiro, Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º desta Corporación, acudiu en representación do Excmo. Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense ao encontro organizado polo concello de Santiago de Compostela, TALENTIA, onde reuniu a responsables de empresas e xestores de recursos humanos.
Tratouse dun foro laboral que busca conectar a empresas con demandantes de emprego. Talentia ten previsto tres fases no período de 2019 a 2021, ano que coincide co ano Xacobeo. A primeira fase será os días 21 ao 23 de outubro, sendo o primeiro día para expertos e os restantes para o público en xeral. Completarase con 5 xornadas que se farán antes desta data. No segundo ano preténdese facer xa un foro a nivel estatal e terminar o terceiro ano ampliando o foro a nivel internacional.