Encontro produtivo co Colexio Xestores Administrativos de Galicia

    Categorías:

    A visita institucional do 5 de xuño que realizou o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense á sede de Xestores Administrativos de Galicia na Coruña, marcou un fito importante no fortalecemento das relacións entre ambos os colectivos. Encabezada polo noso presidente, José Lage Cerviño, a delegación tamén incluíu ao secretario, Celestino Vieites Sánchez, e ao interventor/contador, José Manuel Regueira Vázquez. Foron recibidos cordialmente pola presidenta dos Xestores, Mª Pilar Otero Moar, a vicepresidenta, Rosa López Río, a secretaria, Mar Lamas Casal, a contadora, Patricia Fernández, e o delegado na Coruña, Luis Rivera Caramés.

    Durante a reunión, abordáronse temas de interese compartido, co obxectivo de promover accións conxuntas que impulsen un maior grao de implicación das administracións estatais e, especialmente, da Xunta de Galicia. Un dos puntos destacados foi o recoñecemento dos colaboradores sociais na administración autonómica, un obxectivo que ambas as partes esperan alcanzar mediante esforzos coordinados.

    Ademais, exploráronse oportunidades de colaboración para a organización de conferencias, as cales contarían con relatoras de recoñecida solvencia e experiencia en áreas específicas como o ámbito xurídico, as novas tecnoloxías e outros temas de interese mutuo.

    ¡Grazas pola vosa cálida hospitalidade e polo frutífero encontro!.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=2e47da693fd446a3a58fcedcb3c79572.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9f7dce4df2d744d9b0fe9b90223a9993.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=dc6b68a3974c469c8171857a366909c7.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].