Encontro entre o Colexio e a Asociación Empresarial de Graduados Sociais

    Categorías:

    O venres 24 de maio, tivo lugar un importante encontro entre representantes do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e a Asociación Empresarial de Graduados Sociais-Asesores Fiscais, Asesorías e Consultorías de Empresa de Galicia.

    A delegación do Colexio, composta polo noso Presidente José Lage Cerviño, o Vicepresidente 1º David Doldán Palacios e o Secretario Celestino Vieites Sánchez, reuniuse con representantes da Asociación Empresarial, encabezada pola súa Presidenta e Graduada Social, Branca Lesta Castelo, xunto con outros compañeiros como Isidro Pousada Vales, José Noya Rodríguez, Francisco Camino Guntín, Javier Mosquera Zas, Susana Serantes Grela, Alberto Castelo Míguez y José Ángel Losada Vasallo.

    O encontro, celebrado na sede da Confederación de Empresarios da Coruña, serviu para adoptar unha postura de achegamento entre a Asociación e o Colexio, co firme propósito por ambas as partes de establecer unha estratexia de colaboración que permitirá compartir os recursos formativos e outros que, en breve prazo, serán informados pola Asociación nun acto do que se dará cumprida información para quen estea interesados en asistir.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=37ade9e802ef4f3db60d0fe9ac7e0d9b.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=2caaef4d312a4c91943056943ffb6460.jpg[/slide]

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.