Encontro cos responsables das Facultades de RRLL e RRHH

    Etiquetas:

    O venres 17 de xullo, celebrouse na sede do Consello Xeral de Graduados Sociais de España, un encontro entre os responsables das Facultades de Relacións Laborais e Recursos Humanos de todo o territorio Español e os presidentes dos Colexios de Graduados Sociais de España. Á devandita reunión asistiu Dª. Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación e D. Germán Prieto-Puga Somoza, Vicesecretario do Consello Xeral; D. Jesús Vázquez Forno e Dª. Angélica Díaz De La Rosa, Director e Subdirectora, respectivamente, da Escola de Relacións Laborais da Coruña, D. Juan Ares Fernández, Decano da Facultade de Relacións Laborais de Santiago de Compostela e D. Moisés Alberto García Núñez, Decano da Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol.

    Ao longo da mañá, debatéronse os asuntos que afectan ao grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, así como o referente ao mundo profesional. No devandito acto, púidose comprobar o nexo de unión entre as institucións onde se forman os futuros Graduados Sociais, coas corporacións colexiais coas que contactarán posteriormente para iniciar a súa vida profesional.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].