Encontro co Ministro de Xustiza

    Categorías: Etiquetas:

    Dª. Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación, asistiu o pasado día 19 de maio, atendendo ao convite do Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sr. D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira, e con motivo da visita do Ministro de Xustiza, Sr. D. Rafael Catalá Polo, ao encontro privado con autoridades do sector xurídico e xudicial de Galicia.
    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d90c2fd50e284a46a2ddeed37dbecb6f.jpg
    Acompañaron á presidenta, D. Eduardo López Ameijeiras, Vicepresidente 2º do Colexio e D. German Prieto-Puga Somoza, Vicesecretario do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais.

    No acto tamén estiveron en representación das distintas corporacións, o Alcalde da Coruña, D. Carlos Negreira, o Concelleiro de Asuntos Sociais do Concello da Coruña, D. Miguel Lorenzo Torres, o Decano do Colexio de Avogados, D. Augusto Pérez-Cepeda Vila, e o Decano e a Vicedecana do Colexio de Procuradores, D. Javier Carlos Sánchez García e Dª. Carmen Belo, entre outros. 

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.