O TSXG celebra o acto de toma de posesión do seu novo presidente

    Categorías: Etiquetas:

    O día 15 de xullo tivo lugar na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o acto de toma de posesión de Ignacio Picatoste Sueiras, como presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

    O acto, presidido por Isabel Perelló, presidenta do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, reuniu a numerosas autoridades civís e militares, entre elas o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes. Tamén estiveron presentes os presidentes dos Colexios Profesionais de Avogados, Procuradores e Graduados Sociais, entre eles José Lage Cerviño, presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.

    Tras o xuramento do cargo, o novo presidente Ignacio Picatoste, pronunciou un emotivo discurso no que non faltaron palabras de afecto e agradecemento a José María Gómez y Díaz-Castroverde, Miguel Ángel Cadenas e Jesús Souto, sen esquecer tampouco á súa esposa. Queremos resaltar o compromiso que manifestou de continuar colaborando cos Colexios Profesionais, así como asumir os retos da reforma xudicial e continuar coa loita contra a violencia de xénero. Agradecemento, deber e responsabilidade serán premisas fundamentais do seu mandato.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=004bf982bfe346bb85ea4405ca26f137.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f76157c7097d48d5878d4aef08bd2cf6.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=932ccec99bf04af0b49a48b10ca3c0ea.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=088295025eb54c48813c67cb4e25084a.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].