Categorías:
O secretario do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Celestino Vieites Sánchez, participou o pasado 11 de agosto en Galicia Informativos de RNE, onde abordou a reivindicación dos Graduados Sociais para poder prestar asistencia dentro do sistema de xustiza gratuíta na xurisdición social.
Durante a entrevista, puxo tamén en valor o Servizo de Orientación Xurídico-Laboral Gratuíto do Colexio, que atendeu ao redor de 800 solicitudes durante 2025.
