Categorías:
O secretario do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Tino Vieites Sánchez, participou o pasado 14 de agosto no programa É a Mañá de Galicia de esRadio.
Durante a entrevista, abordou a formación, competencias e ámbito de actuación dos Graduados Sociais, profesionais especializados en materia laboral e de Seguridade Social. Así mesmo, puxo de relevo a reivindicación do colectivo para a súa incorporación ao sistema de xustiza gratuíta.
Vieites tamén destacou o Servizo de Orientación Xurídico-Laboral Gratuíto do Colexio e o labor que desenvolven os Graduados Sociais no asesoramento a empresas e traballadores, así como a súa intervención na xurisdición social.
