Categorías:
O 25 de setembro de 2020, D. Ricardo Gabaldón, Presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España, foi entrevistado por Dª Inmaculada Gómez-Lobo da Canle de TVE 24 horas. Durante a entrevista respondeu a diversas preguntas sobre asuntos de actualidade como a situación dos ERTEs en España, a valoración da súa prórroga ou as posibles axudas que necesitarán os pequenos e medianos empresarios nos seus respectivos negocios para adaptalos á nova realidade.
Así mesmo, o Presidente resaltou de maneira explícita o papel esencial que están a realizar os Graduados Sociais nesta grave situación e das medidas propostas á Administración para facer que as xestións sexan máis rápidas e eficaces, reforzando o papel dos Graduados Sociais, xa que sen a súa profesionalidade non se puideron tramitar os ERTEs nin xestionar as prestacións de traballadores e autónomos, o que deberá agradecerse pola Administración e terse en conta polos clientes cando chegue o momento.
Convidámosche a que vexas esta entrevista, picando na seguinte imaxe:
