O Ministerio de Traballo e Economía asina a alianza cos graduados sociais

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do 25 de febreiro, a Ministra de Traballo e Economía Social, Dª Yolanda Díaz Pérez, xunto co Director do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), D. Gerardo Gutiérrez Ardoy, e o Presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España, D. Ricardo  Gabaldón  Gabaldón, subscribiu o Convenio para a información e o desenvolvemento de accións de formación aos graduados sociais.

    O acordo profunda na colaboración que manteñen o Ministerio de Traballo e Economía Social e os graduados sociais e permitirá que reforzar a acción de “unha nova xeración de Políticas Activas de Emprego que ten como obxectivo redefinir o marco laboral no que nos desenvolvemos. Nese deseño tivemos en conta tres obxectivos primordiais: a proximidade, a colaboración e a eficacia. Os mesmos tres que eixos que caracterizan este convenio que hoxe subscribimos”, subliñou Dª Yolanda Díaz.

    Mellorar a eficacia

    O convenio subscrito polo Ministerio de Traballo e Economía Social, o SEPE e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España servirá para axilizar e actualizar a información dispoñible e tamén mellorar a formación dos graduados sociais.

    Tal e como explicou a titular de Traballo, este convenio redundará na eficacia do labor dos graduados sociais xa que “funcionará, en virtude deste convenio, nunha dobre dirección: no intercambio de información entre o  SEPE e as graduadas e graduados sociais, e no ámbito da formación, a través de cursos de actualización, ou de formación sobre xestión ordinaria” explicou a ministra.

    Recoñecemento aos graduados sociais

    A titular de traballo, Dª Yolanda Díaz, recoñeceu o encomiable labor desenvolvido polos graduados sociais, especialmente, durante a pandemia: “Fálovos da proximidade. Do contacto coa realidade. Non vos descubro nada. Sodes non só observadores senón tamén actores desa realidade, tan complexa como diversa, máis aínda durante unha crise sanitaria que nos puxo a proba e retou as nosas capacidades. En despachos profesionais, asesorías ou xestorías, en primeira liña, ao longo de interminables xornadas, o voso papel e representación foron fundamentais”, explicou a ministra.

    Atendendo á invitación cursada desde o Ministerio de Traballo e Economía Social, asistiu en representación da nosa Corporación, a Presidenta, Dª Susana Soneira Lema.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=41ba86e98bed4a328eb93ec8ce185e9e.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=09b3cd44ef914937aab63df61d9fed1c.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=bc19048ad0f54d1f84ca35ff7671a42a.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6ce9f85816854c5797f2246ff236cd9d.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].