O Interventor-Contador analiza a campaña da renda 2025 en esRadio

    Categorías:

    O Interventor-Contador do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, José Manuel Regueira Vázquez, participou o pasado luns 27 de abril no programa “Es la Mañana en Galicia” de esRadio, onde analizou distintos aspectos da campaña da declaración da renda 2025.

    Durante a súa intervención, Regueira Vázquez abordou as principais novidades fiscais desta campaña, ofrecendo recomendacións para os contribuíntes e destacando a importancia dunha adecuada planificación tributaria. Así mesmo, puxo en valor o papel dos profesionais colexiados no asesoramento fiscal, subliñando a súa contribución para garantir o cumprimento das obrigacións tributarias con rigor, seguridade xurídica e transparencia.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=564722797bdb474a8ef13544f1ea4a61.png

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.