Categorías:
Na mañá do xoves 30 de outubro, Juan Sánchez Imizcoz, director territorial de MC MUTUAL, acompañado por Luis Grien Díaz, director de MC MUTUAL da Coruña e Lugo, visitou as instalacións do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, onde foi recibido polo noso presidente, José Lage Cerviño.
O obxectivo da visita foi presentarse oficialmente ante o Colexio e coñecer de primeira man as súas instalacións. Durante o encontro, aproveitouse tamén para reforzar a colaboración entre ambas as entidades e explorar posibles novas sinerxias conxuntas en beneficio dos colexiados e do desenvolvemento profesional.
