O Colexio e o Concello da Pobra estreitan a súa colaboración

    Categorías:

    Na mañá do mércores 22 de xullo, o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense mantivo un encontro institucional na Casa do concello da Pobra do Caramiñal co alcalde do municipio, José Carlos Vidal Suárez, co obxectivo de reforzar a colaboración entre ambas as institucións e dar a coñecer o labor que desempeñan os Graduados Sociais como operadores xurídicos especializados no ámbito sociolaboral.

    En representación do Colexio asistiron David Doldán Palacios, vicepresidente primeiro; José Manuel Regueira Vázquez, interventor-contador; e Juan Martínez García, vicesecretario, quen trasladou ao rexedor pobrense a disposición da Corporación para colaborar coas administracións locais naquelas cuestións relacionadas co ámbito laboral e da Seguridade Social que contribúan a mellorar a atención prestada á cidadanía.

    Durante o encontro analizáronse distintas cuestións de interese común, prestando especial atención á situación da oficina do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) da localidade. Entre os asuntos abordados figuraron as demoras na atención presencial, a saturación do sistema de cita previa e a falta de persoal e recursos, circunstancias que afectan especialmente as persoas maiores, dependentes ou con maiores dificultades para acceder aos servizos dixitais. Neste sentido, os representantes do Colexio trasladaron a súa vontade de colaborar coas administracións competentes para impulsar aquelas medidas que contribúan a mellorar a calidade do servizo.

    Con este encontro, o Colexio inicia unha rolda de reunións con alcaldes de distintos municipios do ámbito colexial nos que existen oficinas da Seguridade Social, co propósito de coñecer de primeira man a realidade destes servizos, escoitar as inquietudes dos responsables municipais e favorecer unha maior coordinación institucional na procura de solucións que redunden nunha atención máis eficaz á cidadanía. Esta liña de traballo, impulsada en coordinación co Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España, tivo unha salientable repercusión nos medios de comunicación. Tanto La Voz de Galicia como O Barbanza se fixeron eco desta iniciativa, contribuíndo a dar visibilidade a unha problemática que afecta a numerosos cidadáns e reforzando o papel do Colexio como interlocutor institucional en defensa da profesión e da mellora dos servizos públicos.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=8f9fbfe586f1479896a1bbf68ffa15e4.pnghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=b2b9c616cb65431d8631718fcb6ec04a.png[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].